Danza/Teatro

-DANZA-

Actividade de danza que se presenta neste campamento pretende presentar ao alumno unha experiencia global que lle sirva como introducción ao mundo da danza e as artes do movemento. Ao longo das tres semanas, os alumnos traballarán distintos estilos de danza e outras disciplinas, como acrobacia ou teatro físico, experimentando diferentes calidades e posibilidades de movemento do seu corpo.

O traballo de danza e movemento, presentarase en actividades que se moverán dende un plano mais físico, técnico e motor ata un plano mais interpretativo, teatral e creativo.




















 -TEATRO-

A actividade de teatro preséntase como acompañante da actividade de danza. Ao longo destes días, os alumnos traballarán xogos teatrais coa idea de favorecer a súa capacidade interpretativa, por un lado, e as súas capacidades creativas e de improvisación, polo outro.










- DANZA/TEATRO-

Con esta actividade preténdese fundamentalmente dar liberdade á fantasía.

- A fantasía individual: Buscamos poder presentala aos outros e poder compartila co grupo.
- A fantasía grupal: Buscamos unha fantasía xenerada grupalmente, que se constrúe, comparte e da que se participa en grupo.

Lograremos unha forma de comunicación e xogo que non teña prioritariamente en conta á palabra.