As profesoras


MARTA ALONSO TEJADA
BAILARINA, CREADORA, PROFESORA DE DANZA

Comenza a ensinar danza no 2001, traballando dende entón con nenos e nenas en idade escolar e adolescentes.

Na actualidade, desenvolve principalmente esta actividade na "Escola de danza" da Asociación Cultural Alfaia, impartido: Ballet clásico, Danza Creativa, Danza/teatro e Danza Moderna Jazz-Funk. Ademais, traballa en escolas e Aulas de Danza Universitarias.

Bailarina e profesora de danza titulada pola RAD. Royal Academy of Dance. London (2006). www.rad.org.es.
Fórmase en Ballet clásico, Danza Contemporánea, Jazz, Hip Hop e Funk dende os 8 anos con profesionales como: Victor Ullate, Iván Barreto, Berta Secall, Julia Estévez, Miriam Rodríguez... (Ballet clásico); Nicolás Rambaud, Chevi Muraday, David Zambrano... (Danza Contemporánea); Iker Carrera, Fernando Lázaro, Viet Dang, Roberto Dacosta... (Jazz, Funk...)

Licenciada en Psicoloxía (Especialidade en Educativa) na Universidade de Santiago de Compostela. USC (2001-2009), fórmase tamén en Danzaterapia na fundación Maite de León, Madrid. (2008, 2009)

Como creadora e intérprete desenvolve os seus proxectos na Cía de danza e Colectivo Artístico: trasPediante ( www.traspediante.blogspot.com ) da que é fundadora e codiretora. E colabora como intérprete nos traballos de outras compañías: Experimentadanza (Galicia), Diciembre Danza Group (Londres)...

Neste perfil artístico prolonga a sua formación a través do "Master en Artes Escénicas"Universidade Rey Juan Carlos, Madrid (2010-2011) e formando parte, a través dunha bolsa do CCG,  do proxecto europeo: "Tour d'Europe des chorégraphes" (2010-2011) en Alemania, Irlanda, Francia, Galicia e Polonia.
 www.tour-europe-choregraphes.eu,



"MUNDO  CIRCO".  MiniShow de Danza/Teatro de nenos.







SONIA GARCÍA
PINTORA, MÚSICA, E MESTRA DE EDUCACIÓN PRIMARIA


Imparte clases de debuxo e pintura dende o 2002.

Diplomada en Educación Primaria (especialidade de música), Técnica en Dirección e Proxección de obras de decoración de interiores e Técnica en animación; desenvolve na actualidade, a súa actividade docente, en escolas e centros culturais de Compostela. Ademais, realiza talleres de ilustración de pequenos relatos, talleres de deseño de camisetas, clases de música e canto tradicional e animación de eventos.

Recentemente, remata a súa proposta pedagóxica na que traballa o debuxo e a música, baseándose na súa investigación da relación que atopa entre as dúas artes, necesarias e logadas ó ensino, e na que cada unha delas interactúa coa outra, complementándose.“ A música fala coa pintura, e esta interpreta as ideas que a música lle suxire. A base do debuxo, da pintura e da música é a mesma. Unha, a música, expresa con “sons no aire” e a outra, a pintura, é a encargada de capturar e plasmar esa mensaxe visualmente”.

Como pintora, expón en Compostela as súas obras: “VENDO OLLOS, estes si que son ollos e non os das patacas”(Xaneiro- Febreiro 2012) “PERSONALIDADES POLAS FIESTRAS” (Marzo – Abril 2012).

Ademais, desenvolve a súa actividade musical como vocal do grupo “Fracasados de Antemano”, e no coro “Capela Lauda Sion”. Como creadora, traballa na composición da música da peza de teatro “Livinroom” de Joshua McCarey, e interpretando co acordeón colabora coa Cía de danza trasPediante.


No hay comentarios:

Publicar un comentario