Debuxo/Deseño/Pintura

Traballaremos o Debuxo, a Pintura e o Deseño en interacción co traballo que os alumnos vaian experimentando na Danza, no Teatro e no Movemento e viceversa. Compartindo  e aproveitando, por exemplo, pequenos contos ou imaxinacións dos nenos nas distintas disciplinas. Traballando a técnica do acrílico e do grafito encadrado no tema do corpo humano, as partes do corpo e o seu movemento.





OBXECTIVOS DURANTE O CAMPAMENTO
  • Estudar o rostro dun compañeiro, con trazado simple.
  • Representar emocións que suxiren determinados movementos do corpo mediante o debuxo, con siluetas que o definan claramente.
  • Valorar as ideas que propoña un mesmo e a dos compañeiros.
  • Deseñar rutas de movemento mediante figuras representativas.
  • Estudar a cor, buscando o maior contraste entre a figura e o fondo.
  • Analizar a composición do deseño para plasmar na tea dunha camiseta.
  • Apreciar e sensibilizarse no mundo visual que nos rodea.
  • Participar nas actividades dun xeito reflexivo, activo, creativo e participativo.


CONTIDOS
  • Rostro humano. Expresións faciais.
  • Diferentes posturas dinámicas nas que o corpo humano pode situarse.
  • Percorrido do movemento dun corpo danzando. (recorrido en 8 debuxos)
  • A teoría da cor.
  • Figura e fondo.
  • Técnicas de composición (para conseguir unha distribución e disposición dos elementos que se inclúen no diseño a realizar, de forma equilibrada).
  • Técnica en húmido; pintura acrílica e témpera.
  • Técnica en seco; grafito.




ACTIVIDADES
  • Realización dun retrato figurativo dun compañeiro, escollido ó azar. Técnica en seco, grafito. Actividade na que se traballan diferentes expresións, escollidas por eles, coas que identifiquen ó compañeiro coa impresión que lles dea.
  • Estudio das posibilidade de movementos das partes do corpo humano, con siluetas con atención ós puntos de conexión entre as diferentes partes.
  • Realización de bocetos du acción dun corpo danzando, para representar en 12 “frames”, debuxos continuados, que permitan visualizar o movemento da persoa.
  • Crear un reloxo co círculo crómatico, que utilizarán para situarse en contraste nos seus fututos diseños, para estudiar a teoría da cor.
  • Compoñer un diseño para a súa camiseta, cun movemento escollido por eles, no que se traballará a intensidade, repetición, tamaño, relación, oposición …. para conseguir un deseño equilibrado con harmonía de cor.   









TERRA E LUME (2 elementos da natureza)
          Obras realizada por alumnos